miércoles, 6 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE NADAL

Como hai algunhas familias que me preguntan sobre o festival, aproveito que estamos de ponte para comunicarvos que, como moitos xa sabedes, o festival será o día 20 pola tarde e dará comezo as 15:45 h.
Para a actuación os nenos e nenas irán elegantes. No caso dos nenos un pantalón escuro (azul marino ou negro) con camisa ou camiseta branca e paxariña vermella, no caso das nenas levarán leotardos (preferiblemente brancos) con blusa ou camisa branca e un tutú vermello, de forma opcional poderán levar tamén un lazo vermello no cabelo.
Sei que hai familias que non dispoñen de internet ou que non len o blogue, por iso enviarei unha nota despois da ponte, pero para aqueles que dispoñan de tempo esta fin de semana e queiran aproveitar a ir de compras xa podedes mercar ou pedir prestado o que precisedes, eso sí, recoméndovos que rebusquedes no armario antes de mercar nada que seguro non fai falla compralo todo. No caso de non atopar paxariña vermella (que igual non é fácil podemos estudiar o facela na aula (coa vosa axuda) con goma eva brillante.
Calqueira dúbida que teñades preguntade que aquí estamos para resolvelas.

lunes, 4 de diciembre de 2017

FIXAMOS OS DÍAS PARA AS MERENDAS NA AULA

Xa temos os resultados da enquisa sobre as merendas na aula.

Como podedes ver hai maioría absoluta en fixar unha merenda para cada día. Así pois enviamos unha nota coas merendas para cada día, poñedeo nun lugar visible para non esquecer que hai que traer cada día. 
Aquí vos queda a nota e tamén algunhas recomendacións.
  
E procurade que os tuppers sexan o máis herméticos posible para evitar a oxidación das froitas e a perda de líquidos que, ás veces, se producen na mochila

viernes, 10 de noviembre de 2017

Magosto

TEMOS QUE PREPARAR AS CESTAS PARA METER AS CASTAÑAS
DESPOIS DE GRAMPALAS ESTÁN LISTAS PARA PINTAR
ESTAMOS MOI CONCENTRADOS
VAN QUEDAR XENIAL
AQUÍ ESTÁ O RESULTADO, LISTAS PARA USAR

Por fin imos comer as castañas, imos aló

MIRAMOS COMO SE ASAN
UMMM QUÉ RICAS ESTÁN!!!
ESTÁN MOI RICAS E NON PARAMOS DE COMER
GÚSTANNOS MOITO!
O MAGOSTO PARECEUNOS XENIAL!!!!



miércoles, 8 de noviembre de 2017

RESPOSTAS AO CUESTIONARIO SOBRE AS MERENDAS

Aínda non se manifestou todo o mundo pero xa imos tendo unha clara vantaxe.
Agarderemos un pouco máis e en breve publicarei os resultados definitivos. Se aínda non deixache a túa opinión faino canto antes. O formulario pecharase pronto.

lunes, 6 de noviembre de 2017

PRENDAS PERDIDAS

Levamos días con estas chaquetas na aula sen saber de quenes son, se recoñecedes algunha pasadevos a recollela.
Aproveito para lembrar que lle poñades nome e corda para colgar e evitar que caían ó chan e despois non saibamos quen é o dono
1
2
3
4
No caso de que algunha delas sexa de algún neno/a de transporte e non poidades pasar a recollela, mandade aviso pola libreta e indicade cal das chaquetas é empregando o número que aparece debaixo da foto para identificala.
E repito, POÑEDELLE NOME E CINTA